Nuestra empresa, Breogán Arqueoloxía en Ourense centra su actividad en la gestión y desarrollo de proyectos arqueológicos. Un trabajo que realiza un equipo de profesionales para particulares, profesionales, instituciones y organismos públicos.
Breogán Arqueoloxía xurde como proxecto empresarial no ano 2010, tras unha longa experiencia profesional en materia arqueolóxica e de xestión do patrimonio cultural.
Contamos cun amplo equipo de colaboradores e profesionais en diversas disciplinas (arquitectos, topógrafos, antropólogos, restauradores, etc.) que nos permiten ofrecer un servizo de xestión integral de proxectos de acordo ás necesidades de cada cliente.
A nosa premisa é a procura da máxima eficiencia e profesionalidade no desenvolvemento de cada proxecto, con tarifas axustadas ás necesidades do cliente, con solvencia e transparencia en cada proceso e cun óptimo aproveitamento científico.
A nosa actividade xira entorno á xestión e desenvolvemento de proxectos arqueolóxicos, dirixidos a particulares, profesionais, asociacións, institucións e organismos públicos; ademais de proporcionar servizos técnicos auxiliares a outras empresas afíns.
Contamos con ampla experiencia en labores de arqueoloxía urbana e rural, ben con carácter de urxencia, ben ligados a proxectos de investigación, desenvolvemento e difusión cultural.
Ofrecemos tamén un servizo de información, asesoramento e xestión para a tramitación do seu expediente.
Prestamos servizo en Galicia e no resto da Península.
"Cuenta con una empresa como Breogán Arqueoloxía en Ourense para trabajos profesionales"