servizos

Abarcamos unha ampla variedade de servizos, avalados cunha ampla experiencia e solvencia profesional. A nosa actividade abrangue tódolos ámbitos da arqueoloxía científica e de xestión, solucionando as esixencias administrativas en proxectos de obra civil e/ou pública, ben en contextos urbanos (sondaxes valorativas, escavacións en área, controis de obra, etc.), ben no ámbito rural (prospeccións, inventarios, avaliacións de impacto, seguimento de obra, etc.), pero tamén desenvolvendo proxectos culturais encamiñados á difusión e a posta en valor de xacementos por toda Galicia e territorio peninsular.

  • Prospeccións arqueolóxicas superficiais
  • Valoración de potencialidades arqueolóxicas (sondaxes)
  • Escavacións en área
  • Controis arqueolóxicos
  • Seguimentos de obra
  • Avaliacións de impacto arqueolóxico e cultural
  • Inventarios de bens arqueolóxicos e culturais
  • Delimitación e localización de xacementos e bens culturais
  • Estudos e debuxos de material arqueolóxico
  • Asistencia técnica e servizos auxiliares a empresas de arqueoloxía
  • Asesoramento científico
  • Contextualización e introducións históricas para obra civil
  • Proxectos de investigación e desenvolvemento cultural
  • Organización de campos de traballo
  • Roteiros culturais