traballos

Prospección arqueolóxica para avaliación de impacto do Parque Eólico Monte do Marco (Monterroso-Palas de Rei)

O Marco

Prospección arqueolóxica para estudo de impacto sobre o patrimonio arqueolóxico e cultural vinculado ás obras de construción dun parque eólico no Monte do Marco, entre os concellos de Monterroso e Palas de Rei. Na área do parque non se detectou ningún ben arqueolóxico, pero si nas inmediacións, sen afectar á valoración de impacto do P.E.. Polo Marco pasa o suposto trazado da vía romana XIX, e descubriuse unha mámoa inédita a carón da “Casa do Taberneiro”, ao pé da estrada N-547, nos accesos á aldea de Mouromorto. Detrás desta casa tamén se rexistrou o “marco” que seguramente da nome ao lugar, unha laxa granítica chantada coa cruz de Santiago grabada en altorelevo, probablemente vinculada á delimitación do couto de Vilar de Donas.

volver