destacados

Limpeza, consolidación, acondicionamento xeral e escavación para ampliación de área visitable, rexistro completo e toma de mostras na necrópole rupestre de San Vitor (San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil, Ourense)

Vista xeral W

Continuación e segunda campaña dos exitosos traballos na necrópole rupestre medieval de San Vitor de Barxacova. Levouse a cabo unha ampliación da áea escavada e practicáronse dúas sondaxes na contorna inmediata para ir delimitando a extensión do xacemento. Continuouse coa prospección do territorio circundante polas ribeiras dos ríos Mao e Sil. Quedaron descubertas 35 sartegos distribuídos en diferentes sectores, índose definindo as características singulares do xacemento. Quedou probada a reutilización dos sartegos por máis de un individuo e a superposición dalgún deles en relación a outros anteriores. Descubríronse tumbas seladas das que se extreu terra para analizar e unha serie de rebaixes na rocha que puideran indicala presenza de estruturas contrutivas perdidas.

volver