traballos

Control arqueolóxico das obras de cimentación do predio nº3 da Praza da Merced (Verín, Ourense)

praza_mercede_verin

Control inicial de desterros e ampliación posterior a sondaxes mecánicas na posición das zapatas para o sistema estrutural dunha edificación obxecto de rehabilitación, por mor da inestabilidade dos muros de carga, dentro do ámbito do PERI de Verín. Só se atopou a cimentación dos muros do predio existente, disposto sobre unha morea de cachotes informes que procuran o asento no substrato de barro avermellado típido de Verín. A traseira do predio, ampliado con posterioridade cara as hortas, ofreceu recheos do século XIX, con fragmentos de louzas e algún anaco de tégula romana en revolto, que non impediu a continuidade das obras segundo o previsto.

volver