traballos

Control arqueolóxico para vivenda unifamiliar na rúa J.B. Carrera Fábrega, nº13 (Corcubión, A Coruña)

IMG_9003

Ao atoparse o predio a reformar dentro da área de aplicación do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Corcubión, foi requirido un control arqueolóxico. A reforma do predio implicou a súa demolición completa, procurando para a cimentación do novo un subsolo firme, que se acadou no sábrego natural, entre os 85cm e os 180cm de fondura. Os desterros realizáronse mecanicamente. O único material moble detectado correspondeu a contextos contemporáneos. Finalizado o control levantáronse as cautelas arqueolóxicas e continuaron as obras.

volver