quen somos
BREOGÁN ARQUEOLOXÍA xurde como proxecto empresarial no ano 2010, tras unha longa experiencia profesional en materia arqueolóxica e de xestión do patrimonio cultural.
Contamos cun amplo equipo de colaboradores e profesionais en diversas disciplinas (arquitectos, topógrafos, antropólogos, restauradores, etc.) que nos permiten ofrecer un servizo de xestión integral de proxectos de acordo ás necesidades de cada cliente.
A nosa premisa é a procura da máxima eficiencia e profesionalidade no desenvolvemento de cada proxecto, con tarifas axustadas ás necesidades do cliente, con solvencia e transparencia en cada proceso e cun óptimo aproveitamento científico.
qué facemos
A nosa actividade xira entorno á xestión e desenvolvemento de proxectos arqueolóxicos, dirixidos a particulares, profesionais, asociacións, institucións e organismos públicos; ademais de proporcionar servizos técnicos auxiliares a outras empresas afíns.
Contamos con ampla experiencia en labores de arqueoloxía urbana e rural, ben con carácter de urxencia, ben ligados a proxectos de investigación, desenvolvemento e difusión cultural.
Ofrecemos tamén un servizo de información, asesoramento e xestión para a tramitación do seu expediente.
Prestamos servizo en Galicia e no resto da Península.
contacta con nós
Consúltenos as súas dúbidas na xestión e tramitación de proxectos.
Solicítenos orzamento sen compromiso.
Envíenos as súas cuestións e suxestións.
Queres colaborar con nós?
- 629 416 663 / 629 913 533
- 988 782 814
- info@breoganarqueoloxia.com